Normalmente navego pola rede en busqueda de información; aínda que normalmente sumérxome nunha tormenta de información na que deixandome levar polas correntes acabo sen saber como nin porqué en lugares extraños (e moi poucas veces paradisiacos coma as illas desertas das peliculas holliwood-ienses).
Hoxe agarrei ben forte o timón e con un grande esforzo atopei algo que me pareceu interesante mostrarvos.
Trátase dun video que se situa no ano 2015 e conta como foi evolucionando o tratamento das noticias en internet.
Dentro do que é a ficción, si que me parece interesante a chamada de atenciónque fai sobre a forma que teñen as grandes compañias de usar os datos que nos lle aportamos de maneira inocente...
Sempre fun consciente da cantidade de pistas que lle deixamos ás empresas para que poidan crear as súas bases de datos e estadísticas. Igual podo aprecer paranoica, pero evidentemente todos eses datos que consiguen acerca de nós son moi valiosos para as empresas; para diseñar productos, para crear campañas publicitarias...para controlar o mercado
Cando eu entro en internet vou deixando unha serie de rastros que indican os meus gustos, aficcións, inquietudes, ideoloxía...etc. Fai pouco , se non recordo mal, lin ou me contaron algo sobre google, era que eles teñen unha especie de base de datos, onde asignan un número a cada usuario (creo que é así, pode ser que me equivoque, a ver si puidera atopar a noticia para por aquí) é van almacenando datos sobre que é o q busca esa persoa a través de google, e enton empezaban a deducir, o estado civil, a idade, onde vive...etc ...e conseguían un perfil desa persoa, e non sei se achegarono a atopar.
Repito que tou contando o que em acordo e seguramente non sexa a´sí; pero o que está claro é que si que poden coñecer moitísimas cousas sobre ti, e usalas.
Recórdame a un étodo usado polos detectives, o de buscar na basura dunha persoa e así averiguar cousas sobre ela...¡aihs! creo que ainda dentro de toda esta información realemtne non sabemos que é o que está pasando... uis atopei outro artículo moi interesante:
Neste link podedes atopar un artículo da revista consumer onde fala sobre todos os intereses que se moven detras de internet; que parece ser que as compañías proveedoras de acceso a internet queren cobrar (aínda máis) por acceder aos contidos que se atopan na rede e así tamén controlalos....
Bueno creo que xa vos deixo aí algunha información útil para saber onde andamos metidos...o importante é ser consciente...
Um comentário:
hola!!!!joder cora....me hace plantearme muchas cosas lo que dices......al final somos todos ovejas de la manada...
Postar um comentário